novas

Queremos a Paul no Carballiño o 8 de Agosto "día da Festa do Pulpo 2010"




sábado, 17 de julio de 2010
Os grupos, Queremos a Paul no Carballiño o 8 de Agosto "día da Festa do Pulpo 2010", das redes sociais de Facebook e Tuenti promovidos por Xuventudes Socialistas conseguen que case 2000 persoas reclamen que o pulpo máis mediático do mundial de fútbol veña ao Carballiño.

Dende fai 4 días, os grupos -Queremos a Paul no Carballiño o 8 de agosto “día da festa do pulpo”- consegue que case 2000 persoas se unan para solicitar ao concello de Oberhausen e o presidente do grupo “Sea Life” que Paul, o pulpo do Mundial, estea no Carballiño pola Festa do Pulpo da vila. Estes dous grupos, creados nas redes sociais Facebook e Tuenti, suman case 2000 persoas apoiando a viaxe do Pulpo Paul a nosa vila. “Os grupos non deixan de crecer” indica Juan José Nogueira.

Dende Xuventudes Socialistas de O Carballiño queremos que Paul, o Pulpo recen nomeado amigo predilecto do Carballiño, poida estar na vila nas datas da Festa do Pulpo. Apoiamos que a

nosa Festa do Pulpo sexa recoñecida internacionalmente e que Paul se nomee a mascota oficial da vila. O pulpo Paul e xa un referente dentro da especie dos cepalópodos, “Paul non entende de cores e ideoloxías, igual cos nosos veciños, queremos que se una para que a Festa do Pulpo sexa un referente recoñecido a nivel internacional” comenta Juan José Nogueira.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved