novas

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DO CARBALLIÑO APOSTAN POR UNHA MAIOR BIODIVERSIDADE NA VILA NO DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE




sábado, 21 de mayo de 2011

Non é un segredo que a diversidade biolóxica se está a reducir amplamente.


A diversidade biolóxica que observamos hoxe é o fruto de miles de millóns de anos de evolución, moldeada por procesos naturais e, cada vez máis, pola influenza do ser humano.


A diversidade estase a perder debido ao deterioro e fragmentación de ecosistemas, á introducción de especies exóticas, a explotación excesiva de plantas e animais, a contaminación, ao cambio climático, ao avance da fronteira agrícola-gandeira, ao crecemento demográfico, ao consumo insostible de recursos, ademáis de pérdidas e afeccións causadas polas novas tecnoloxías e o desenvolvemento no planeado da enxenería xenética.


Cada ano desaparecen miles de especies e con elas novas posibilidades de culturas agrícolas, productos industrias ou medicinas.


As Xuventudes Socialistas do Carballiño reclaman que “é fundamental que tod@s tomemos conciencia sobre a permanente interacción que temos os humanos cos componentes naturais onde se desenvolven as nosas actividades e lograr así que as solucións planteadas, para resolver os problemas ambientais, teñan validez, sexan visibles e sostibles no tempo”. Este 22 de maio celébrase o Día Internacional da Divesidade Biolóxica decretado no ano 2000 pola Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas.


É motivo de orgullo saber que o Parque Municipal do Carballiño conta cunha ampla diversidade biolóxica, e é un dos máis recoñecidos de Galicia, ademáis de contar cuns paneis informativos que axudan aos cidadáns a coñecer a riqueza de especies.


As Xuventudes Socialistas do Carballiño crean un vídeo en prol da Biodiversidade no que se da a ver que “no puzzle da vida cada elemento é esencial”, e “mediante estrategias, plans ou programas locais se fomentará a conservación e o uso sostible dos recursos biolóxicos” di Miriam Fernández (Secretaria de Medio Ambiente nas XX.SS do Carballiño).


A perda de especies e destrucción de ecosistemas continúa de maneira alarmante e os esforzos para revertir esta tendencia non están a dar os frutos esperados, situación que pon en serio perigo (riesgo) o capital biolóxico.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved