novas

COMEZANDO CO PÉ DEREITO




jueves, 7 de julio de 2011


Argimiro Marnotes da os seus primeiros pasos para ser fillo predilecto de Baltar, esperando que as arcas municipais o acompañen.


O pasado 22 de Mayo asistimos a un ocaso do Partido Socialista do Carballiño. A xente apostou polo cambio, e sen úbida o cambio estase a producir.


O Sr. Argimiro Marnotes, xunto co demáis grupo de goberno, apostou por unha política austera, pero a día de hoxe, dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño critícase que “debe deixar de mirarse tanto pa o embigo e comezar por aplicarse a palabra AUSTERIDADE”.


O actual grupo de goberno leva 20 días na alcaldía nos que, xa se nota a súa presenza, pois cmezaron pola adicación da festa do polbo ao pepino (o chamado pepinazo) e agora o aumento salarial do alcalde.


Estamos acudindo a un feito insólito, pero predecible, o Sr. Argimiro Marnotes comeza a camiñar na súa traxectoria política como alcalde e, qué nos atopamos? acórdanse daquel alcalde que houbo no Carballiño que dira orde pa construir un rañaceos e que agora temos que pagar entre tódol@s veciñ@s? pois sí, de tal pau tal estela, pai e fillo pasarán á historia.


En tempos de crise económica ningún alcalde pretende subirse o salario (880 €/mes), agás o Sr. Alcalde que estaría cobrando 51.000 euros ó ano, e decir 4.250 euros/mes, e a isto témoslle que sumar o que gaña como deputado provincial. Argimiro Marnotes excusou o incremento do salario na súa plena adicación á alcaldía. Pero, será esto a austeridade que pregoaba Feijóo? estará o Sr. Marnotes facendo méritos para postular como discípulo de Baltar?


En fin, mentres hai xente que se deixa a pel nos seus traballos e cobran un salario de 880 euros/mes (ou incluso inferior), o actual alcalde anda a pasearse coma un señorito engarabatado, co seu traxe e co peto ben cheo.


Dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño recalcan que “mentres a Xunta, de Feijóo, fala de recortes, o Sr. Marnotes está sumiso nunha nube elevando o seu propio salario 12.320 euros ó ano”. E finalizan, señalando “non sabemos se estará capacitado para asumir a responsabilidade que conleva ser alcalde, cando non está preparado para respostar unhas sinxelas preguntas formuladas pola xuventude meses atrás”.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved