novas

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DO CARBALLIÑO ELIXEN UNHA NOVA EXECUTIVA




viernes, 3 de agosto de 2012

Os xóvenes socialistas do Carballiño reuníronse a tarde deste venres para elixir unha nova Executiva Municipal da agrupación.


Os militantes votaron de forma positiva o Informe de Xestión da executiva saínte, donde Juan José Nogueira estivo como Secretario Xeral durante 4 anos, e indicou que “somos unha agrupación en crecemento, donde intentamos que cada mozo/a teña o seu espacio e cada un de nos pasa e aporta un pequeno gran de area para que cada mozo e moza poida acadar as súas metas”.


A única candidatura presentada, encabezada por Miriam Fernández, estivo apoiada polo 100% dos militantes. A nova Secretaria Xeral das xuventudes asume o cargo “con ilusión, compromiso e traballo, e o coñecemento de que no Carballiño hai moito que facer”, ademáis invita aos mozos/as da vila a traballar man a man “o futuro e o presente depende de nos”.


Miriam Fernández, estudante do último ano de Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela chega á secretaría despois de afiliarse as XSG no ano 2009.


Os integrantes deste proxecto son os seguintes:


- Secretaria Xeral: Miriam Fernández

- Secretario de Organización e Comunicación: Jorge Cervantes

- Secretaría de Igualdade e Movementos Sociais: César Rodríguez

- Secretaría de Educación e Formación: Santiago Rodríguez

- Secretaría de Cultura, Deportes e Medio Ambiente: Rubén Rodríguez


Vocal:

- María del Pilar López


Está agrupación ten como obxetivo interaccionar cos xóvenes coñecendo as súas inquedanzas e tratar de evolucionar dentro desta vila, “estamos rodeados de xente con afán de aprender, de traballar e de conseguir os seus propósitos”.


Finalmente, a recén elixida Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño, ponse a disposición de tódolos/as mozos/as da vila, e abre as portas os/as cidadáns que queiran formar parte do seu proxecto, dicindo que “esta agrupación traballará con e para a xuventude carballiñesa”.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved