novas

Constitúense as Xuventudes Socialistas do Carballiño




viernes, 26 de marzo de 2010
Un grupo de mozos e mozas da vila do Carballiño crean as Xuventudes Socialistas do
Carballiño, esta é a organización xuvenil do partido Socialista do Carballiño (PSdeG-PSOE),e nacen como grupo transmisor dos xóvenes carballiñeses. A nivel organizativo depende das Xuventudes Socialistas de Galicia e a súa vez de Juventudes Socialistas de España. Unha organización definida como Socialista e galeguista nos que asenta a súa ideoloxía: a liberdade,a igualdade, a solidariedade, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.

Nunha asemblea de dúas horas de duración creáronse as bases para a creación dunha
executiva local de xuventudes e a realización da liña de traballo. A asemblea local de xuventudes acordou os seguintes cargos orgánicos:

Secretario Xeral: Juan José Nogueira Vázquez
Vicesecretario Xeral de Actos e Comunicación: Jorge Cervantes Vázquez
Secretaria de Organización: Erika Paz Rodríguez
Secretaria de Obras, Urbanismo e Planificación Urbanística: Julio López Fernández
Secretaria de Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos Públicos: Miriam Fernández Vázquez
Secretaria de Tráfico, Policía Local e Persoal: Juan José Iglesias Muleiro
Secretaria de Cultura, Educación: Miguel De Cabo Riveiro
Secretaria de Deportes, Xuventude e Voluntariado: Cesar Rodríguez Vicente
Secretaria de Servizos Sociais 3ª Idade Emigración, Muller e Sanidade: Andrea Sánchez Paz
Secretaria de Turismo, Industria e Comercio: Andrea Fernández Rodríguez

Tamén se crearon documentos de traballo para o funcionamento da agrupación. Con estes
documentos, pretendemos participar de forma activa no movemento asociativo da vila, nas rúas, nos institutos e centros de traballo intentando recoller o punto de vista do mozos e mozas e canalizalas como propostas, problema e preocupacións.

O recen nomeado secretario Xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño, Juan José
Nogueira abandonou o cargo de Vicesecretario de Comunicación das Xuventudes Socialista da cidade de Ourense e Portavoz Comarcal da Xuventudes de Ourense para enrolarse o 100% neste proxecto. Juan José Nogueira invita a os mozos e mozas da vila do Carballiño que se animen a participar no proxecto aportando ideas, iniciativas e opinións, “queremos que os novos se unan a nós, que nos coñezan e miren o que facemos, como traballamos e construímos unha sociedade mellor, igualitaria e xusta coa que todos soñamos”. Tamén destacou que “queremos ser unha organización que se pareza realmente os mozos e mozas do Carballiño”.

Nestes días que tódolos compañeiros do socialismo ourensán nos sentimos traizoados
pola escapada do PSdeG pola porta de atrás de Eladio Fernández a filas do PP, Juan José Nogueira afirma que as xuventudes terán que aprender a facer política con maiúsculas e non caer nos favores , o secretario xeral das xuventudes do carballiño comenta: “esta é a política de caciques do PP ourensán , traizoar o voto do cidadán e enchufar na deputación Provincial de Ourense”.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved