novas

Xuventudes Socialistas de O Carballiño presentan a ruta “Octavio Play Music” 2010




viernes, 25 de junio de 2010


Xuventudes Socialistas do Carballiño presentaron hoxe a ruta “Octavio Play Music” que terá lugar na vila do Carballiño durante o verán.

“Octavio Play Music” nace como unha proposta dirixida a novos talentos da vila e extrarradio, que ten como finalidade incentivar a realización de novas actividades destinadas a sectores xuvenís, e o apoio da cultura musical da vila.

“Con proxectos como este, dende as Xuventudes Socialistas do Carballiño, intentaremos implicar e colaborar cos xóvenes da comarca para crear un tecido de actividades culturais na vila do Carballiño” como indica o Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas do Carballiño, Juan José Nogueira.

O nome da ruta está basada na mascota da festa do pulpo do Carballiño, con intención de unha mayor difusión e proxección desta.

As xornadas musicais comezarán o día 2 de Xullo coa participación de 20 grupos, os cales actuarán cada fin de semana nun local diferente da vila. En cada concerto cobrarase un euro simbólico, destinado á colaboración do festival Rock “Licorkafest”, que se celebrará ao remate dos concertos da ruta, durante as festas patronais da vila.

2/7/10 Pub Grease In the Train + Kaleya

8/7/10 Pub Moma Matamá enseble + A&R

9/7/10 Pub Jazzmin Upcoming of Devastation + Slave to the Grave

16/7/10 Disco Maxim´s Arrithmia + Tapiporla

23/7/10 Pub Tubos 16balas + Stakazo

30/7/10 Copa Cabana Stylo + Zephir + Ulven + Dani

6/8/10 Pub Jazzmin Empezar de Zero + Singultus

19/8/10 7 flores ContraNatura + Tabu

27/8/10 Portalón J.Cervantes + La edad prohibida

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved