novas

Hoxe foron clausuradas as xornadas de formación “traballando nos municipios” das Xuventudes Socialistas do carballiño.




domingo, 11 de julio de 2010


O secretario Xeral dos Socialistas galegos Manuel Vázquez clausura as xornadas de formación das Xuventudes Socialistas do Carballiño animando a xuventude a incorporarse nas filas do partido.

Hoxe foron clausuradas as xornadas de formación das xuventudes socialistas do Carballiño, que se realizaron durante esta fin de semana no Camping municipal da vila. Unhas xornadas destinadas a formar a militantes das Xuventudes Socialistas de Galicia de cara as próximas eleccións municipais tocando temas coma planificación estratéxica, dirección participativa , tecnoloxías na comunicación, movilización e participación en rede, organización e xestións de acción políticas, xuventude e valores nos nosos municipios. Con este programa formativo quérese incentivar o aprendizaxe dos mais novos de cara as futuras eleccións municipais. O secretario xeral das xuventudes socialistas do carballiño recalcou “ educarnos e o mais importante, así poderemos realizar un proxecto político que mellore a nosa sociedade”.

A estas xornadas de formación asistiron militantes de diferentes agrupacións das xuventudes de Galicia contando coa participación da Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia María Torres e o secretario de Universidade Superior Jorge Gutiérrez da executiva nacional de Juventudes Socialistas de España estas xornadas de formación foron clausuradas polo Secretario Xeral do partido Socialista de Galicia Manuel Vázquez que incidiu “ter xente nova formada para incorporar as filas do partido e moi importante”.

Dende as xuventudes socialistas do Carballiño estamos moi satisfeitos e agradecidos pola acollida que tiveron estas xornadas e “dende xa comezaremos a preparar as xornadas do próximo ano” comentou o secretario das Xeral das xuventudes do Carballiño.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 

Copyright © 2010 • Xuventudes Socialistas do Carballiño • All rights reserved